| |
O Grupo Municipal Popular denuncia "o lamentable estado de deterioración, insalubridad e perigo no que se atopan distintas casas abandonadas que hai en de a cidade".
O concelleiro popular Enrique Rozas indicou que recibiron queixas de veciños pola inseguridade que xeran estes inmobles. Entre outros casos problemáticos citou unha casa de Carlos Azcárraga, ou vivendas situadas no carril das Flores, na rolda do carme e na rúa Pousadela, entre outras. O edil popular apunta que algunhas delas son moi antigas, e que ata corren risco de derrube ou incendio, xa que no seu interior hai abundante lixo. |
|