| |
O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta a "falta de xestión" do goberno de Orozco que "paga un material para a reciclaxe de aceite doméstico que podería conseguir gratis negociando coa empresa".
Teresa Taboada refírese ao desembolso, que fixo recentemente o Concello, por un imporche de 7.496 euros, de 70 colectores de 240 litros de capacidade. A popular explica que a práctica habitual é que as empresas que teñen un convenio cos municipios para facer esta recollida poñan gratis os recipientes necesarios.
Convenio obsoleto.-
Á vista da posta en marcha deste plan de recollida de aceites, Teresa Taboada pide a Liño González Dopeso que revise as condicións do convenio e que invite ás empresas interesadas a que se presenten outras ofertas que poderían ser máis vantaxosas para Lugo. "Por exemplo no documento debería pecharse no convenio un número mínimo de colectores". Nese sentido Taboada puntualiza que se cada catro persoas produce, como media, 18 litros de aceite reciclable ao ano "os 70 colectores que se van a colocar son de xeito evidente insuficientes". |
|