| |
O Grupo Municipal Popular rexeita de forma "clara e contundente" o pasquín en que aparece Lage como terrorista
|
|
| |
20/04/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O portavoz popular, Joaquín García Díez, condena da forma máis rotunda este acto "tanto coma se fóra a un concelleiro do noso grupo ou a un familiar".
-
O Grupo Municipal Popular esixirá que se chegue "ata o final" na investigación deste asunto.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica de forma "clara e contundente" o pasquín que apareceu no taboleiro da policía local cunha foto do portavoz do Grupo do BNG xunto a terroristas.
Joaquín García Díez mostrou o seu "solidariedade e apoio" a Xosé Ánxo Lage subliñando a súa "repulsa, sen ambigüidades, a prácticas como estas". |
|
| |
"Máis aló das diferenzas políticas" o portavoz popular manifesta que "non se poden consentir actitudes deste calado e que lle dan noxo".
O portavoz popular, Joaquín García Díez, puntualizou o rexeitamento a este tipo de comportamentos "coa mesma contundencia, que se fóra contra un compañeiro do meu grupo ou a persoa máis querida". |
|
|
| |
|
|
|
| |
O edil popular sinala unha vez máis que quen dirixe á policía é o señor Rábade polo que lle pide que chegue ata o final deste asunto e non se pase no bico dos pés ou se deixe sen resolver, como ocorreu co desastre do día da bicicleta ou o caso do uniforme desaparecido que logo apareceu aos dous días.
"Non hai cámaras de seguridade no seo da policía local"", pregunta o Grupo Municipal Popular. Ao PP non lle servirá o peche en falso desta investigación e esixirá ata o final que aclare quen foi o responsable desta tropelía. |
|