| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular faise eco do malestar dos organizadores da Feira de Abril da zona monumental |
|
| |
20/04/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O equipo de Orozco prohibiulles decorar a Praza do Campo cando noutras celebracións, como a do Arde Lucus, colócanse bandeirolas.
-
Os populares consideran que este tipo de iniciativas, que dan vida ao centro, hai que "apoialas e non coartarlas".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular trasladou ao equipo de goberno a queixa dos organizadores da Feira de Abril que tivo lugar este fin de semana na praza do Campo.
Alicia Pena explicou que os organizadores do evento indicaron que o goberno socialista negoulles aos negocios da zona colocar adornos na Praza do Campo para ambientar esta celebración. Os comerciantes non entenden esta prohibición cando noutros festexos como o do Arde Lucus (organizado polo Concello) si se colocan bandeirolas, que encima tiveron en ocasións publicidade de bebidas alcohólicas. |
|
| |
Á vista do sucedido Pena Murias lamenta a falta de colaboración do Concello "que pon trabas, sen xustificación, a uns industriais da cidade que con actividades deste tipo intentan dar un ánimo á zona centro". |
|
|
| |
|
|
|
|
|