| |
O Grupo Municipal Popular presentará unha proposición para o próximo pleno na que insta ao Goberno Local a elaborar un programa de apoio á integración laboral de persoas con Síndrome de Down. O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, xunto coas concelleiras Cristina Ares e Sofía López Linares explicaron á directiva desta entidade o contido da iniciativa: |
|
| |
- Diferenciar segundo minusvalías a porcentaxe de prazas reservadas dentro da relación de postos de traballo dos centros e organismos municipais para contratos laborais para persoas con minusvalías.
- Deseñar un programa de acompañamento na adaptación ao posto de traballo seguindo a metodoloxía do Emprego con Apoio, a realizar polas asociacións que forman as persoas con minusvalías psíquicas de Lugo.
Segundo.- Promover a inclusión, como criterio nos baremos dos pregos de cláusulas técnicas e administrativas de contratos a realizar polo Concello de Lugo, de putos para as empresas concursantes que propoñan crear postos de traballo reservados para persoas con certificado de minusvalía.
Terceiro.- Promover a restrición de determinados concursos a centros especiais de emprego. |
|