| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia a dobre vara de medir de Orozco á hora de solucionar os problemas do Rural
|
|
| |
05/04/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Unha focha causada pola caída dunha árbore en Coeo leva máis de dous anos sen reparar.
-
Os populares tamén recriminan a Lino González que non fixese as xestións para reparar o repetidor de Pena Crespa, en Poutomillos.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Manuel López Fernández, denuncia a desidia do equipo de goberno socialista que, en dous anos, e pese as queixas veciñais, foi incapaz de arranxar unha focha que hai na pista que vai de Corbelle a Quintela, na parroquia de Coeo. |
|
| |
Este buraco fíxose ao caer, por mor dun golpe de vento, un carballo que había á beira da pista. A imaxe de abandono é perfectamente visible: valos tirados, os ferros da estrutura da vía ao aire e ata o cepellón da árbore derrubada segue no mesmo sitio. |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Repetidor.-
O edil popular insiste en que "hai unha dobre vara de medir á hora de solucionar os problemas do día a día dos veciños da zona rural". Outro exemplo claro do seu desinterese ten que ver cos problemas de recepción da televisión. En sete parroquias de Poutomillos só poden sintonizar unha única cadea. O Grupo Popular denunciou fai un mes os problemas que tiña o repetidor de Pena de Crespa (9 de marzo) sen que ninguén tomase cartas polo de agora no asunto. "O mal funcionamento deste repetidor non é novidade, os veciños destas sete parroquias xa levan máis dun ano con problemas: o sinal que reciben é de baixa calidade, e son habituais os cortes de emisións. Iso si, o señor Orozco segue dicindo que Lugo avanza en pór internet na zona rural, cando nin sequera garante que teñan televisión". |
|
|
|