-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular logra crear unha iniciativa conxunta para apoiar en pleno a celíacos e quen sofren outras intolerancias

 
 
03/04/2009
bienestar
     
 
  • A iniciativa do Grupo Municipal Popular, consensuada coa asociación de celíacos de Lugo, será apoiada por todos os grupos.
  • BNG e PSOE presentaron as súas propias iniciativas como reacción á rexistrada polo PP, polo que os populares optaron por chegar a un consenso.
  • Sofía López Linares: "estes temas non poden ser cancha de debate político, hai que mostrar unidade".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular conseguiu esta mañá, no transcurso da Comisión de Servizos Sociais, o apoio de PSOE e BNG para levar a pleno unha iniciativa conxunta para apoiar ás 150 familias de celíacos que hai no Concello, así como aos afectados por outras intolerancias (lactosa, diabetes... ).

O acordo ao que chegaron os tres grupos políticos do Concello consiste en:

Foto

 
       
 
  • Que o Concello convoque unha reunión na que teñan representación a Asociación de Celíacos e as de afectados por outras intolerancias, as asociacións profesionais e empresariais (como a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, ou a Asociación Provincial de fabricantes de pan, entre outras que se consideren idóneas) e as Administracións Públicas implicadas (Concello, Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia). O obxecto desta reunión será establecer medidas concretas para facilitar a normalización da vida dos celíacos na nosa cidade, con participación privada e colaboración pública, tendentes a posibilitar:
    • A creación en Lugo de menús específicos para celíacos en restaurantes.
    • O fomento da creación en Lugo de seccións para celíacos nos establecementos de alimentación nos que podan atopar alimentos idóneos para as súas necesidades, incluíndo pan.
    • O apoio desde as Administracións Públicas ás familias con escasos recursos económicos que teñan ademais algún membro que padeza a enfermidade celíaca ou outras intolerancias.

Axudas pola crise.-

A concelleira Sofía López Linares insistiu hoxe en recibir máis información sobre as medidas que adoptará o Concello relativas á crise.

Os populares levaron á comisión que se celebrou esta mañá unha batería de preguntas sobre este asunto que, a xuízo de López Linares, salta á vista "que está moi verde", polos prazos dos que falaron hoxe "as axudas non chegarán ata á próxima lexislatura".

A concelleira popular aclarou que a responsable de servizos socias indicou que se está facendo un protocolo de regulamento para destinar os remanentes de anos anteriores ao programa de axuda de pago de hipotecas a parados.

Os populares manifestaron que as axudas deberían empezar polas familias onde todos os membros esgoten o subsidio de desemprego.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo