| |
O Grupo Municipal Popular presenta unha iniciativa para mellorar a seguridade viaria na contorna dos colexios |
|
| |
02/04/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Entre as melloras que se propón figura a sinalización das entradas de vehículos de urxencia, e a creación de patrullas escolares guiadas pola policía local.
-
Alicia Pena: "esta iniciativa supón un gasto mínimo, a solución do colapso nas entradas e saídas dos colexios de Lugo é cuestión de vontade política".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular proporá para o próximo pleno unha iniciativa para mellorar a seguridade viaria na entrada e saída da contorna dos colexios.
A concelleira Alicia Pena defenderá "a sinalización dos accesos aos centros educativos da cidade cun vao que impida o aparcadoiro, que actualmente obstruye as portas de entrada e saída aos edificios. Tamén se pide facer as obras oportunas para rebaixar as beirarrúas nas entradas destes centros para que se facilite o acceso de vehículos de urxencias".
"Dos catorce centros visitados tan só en cinco cumpren os requisitos que solicita o PP, é dicir, beirarrúa rebaixada e vao sinalizado". |
|
| |
Patrullas escolares.-
Como segundo punto da proposición, a concelleira popular propón que se programen, de acordo coas AMPAs e os equipos docentes e directivos dos centros educativos de Lugo, accións de concienciación e de seguridade viaria. |

Detalle do illante que ardeu
no I.E.S. Leiras Pulpeiro
|
|
| |
|
|
|
| |

O único acceso a vehículos do centro non ten vaos nin sinais que impidan aparcar. Nunha urxencia, bombeiros ou ambulancias non poden entrar..
|

A magnitude do incendio sorprende. A concelleira Alicia Pena pousa para ter un elemento de comparación da altura que alcanzaron os danos.
|
|
| |
|
|
|
| |
|
Alicia Pena refírese á implicación dos estudantes e pais a participar en patrullas escolares guiadas pola policía. "O Concello podería, ademais de coordinar este operativo, dotar de medios como chalecos e sinalización". |
|
| |
|
|
|
| |
Este dispositivo de voluntariado xa funcionou con éxito durante o goberno do PP, aínda que o servizo deixouse de prestar sen máis.
Alicia Pena Murias en que confía tanto BNG como PSOE voten a favor desta iniciativa. "Nun mes como moito podería estar solucionado este problema, é simplemente unha cuestión de vontade política", puntualizou. |
|