-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

Rozas: "Paréceme deshonesto, vergoñoso e pouco valente que neguen a consideración de denuncia ante a Fiscalía"

 
 
26/03/2009
interior
     
 
    • "Ao Ministerio fiscal non se vai a facer consultas senón a denunciar. Para pedir aclaracións teñen a asesoría xurídica do concello"
    • É unha tomadura de pelo que pretendan esconder que houbo un intento de coartar e limitar á oposición cando "ata en 16 ocasións aparece no escrito da fiscalía a palabra DENUNCIA"
    • Ante os insultos e descualificacións o concelleiro popular avisa que esta actuación non reducirá, en absoluto, a intensidade do seu traballo que "seguirá na liña de ser útil a todos os cidadáns"
 
barra
           
 
O concelleiro do Grupo Popular, Enrique Rozas, aclaroulle esta mañá ao concelleiro responsable de policía, José Rábade, e ao alcalde que ao Ministerio Fiscal "non se vai a facer consultas senón a denunciar". (Así se recolle na lei 50/19981 regula o estatuto orgánico do Ministerio Fiscal onde se contempla que a Fiscalía non responde a Consultas senón que actúa ante denuncias)

"Paréceme deshonesto, vergoñoso e pouco valente que, o alcalde e Rábade, neguen a consideración de denuncia cando o decreto do fiscal que arquiva o caso recolle en distintos lugares que estamos ante unha DENUNCIA e non unha consulta".

O concelleiro popular explicou que "intentan negar unha evidencia porque a manobra que fixeron non lles saíu como esperaban: xa no oficio de remisión do fiscal xefe ao concelleiro popular faise referencia ao arquivo das dilixencias informativas nº25/2009 con orixe en escrito de DENUNCIA formulado por don Darío Diéguez"
 
 
Rozas puntualizou que a palabra denuncia aparece no documento da fiscalía en DEZASEIS ocasións máis.

"Para realizar consultas tanto o señor alcalde como o señor Rábade podía acudir á asesoría xurídica do concello" concluíu.

Foto

 
     
 
Perderon os papeis.-

O concelleiro popular puxo de manifesto o seu convencemento de que o goberno socialista perdeu os papeis: "Se o señor Rábade o único que sabe é insultar" alá o. Anúnciolle que as súas ameazas de que volverán á fiscalía, se así o estiman, daranme se cabe, máis forza e ánimo para seguir traballando e non cambiarán a miña forma de facer oposición. O seu empeño en taparme a boca reafirma que o meu traballo vai en boa liña, a de ser útil para os cidadáns".

"Á súa falta de respecto e a súa política zafia o único que lle respondo é que dedique toda a súa enerxía en deixar de perseguir á xente e moléstese en organizar e dirixir á policía. Para iso páganlle os contribuíntes e non para intentar desacreditar a concelleiros da oposición".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo