| |
Alicia Pena Murias pregúntase "Por que se paga unha dedicación exclusiva á concelleira de Cultura se todos os eventos do calendario cultural de Lugo privatízanse e págaselle a varias empresas para organizalos", A que dedica o tempo que se supón que está no Concello a conta dos lucenses, se logo paga a empresas de fóra de Lugo para facer o seu traballo"".
Alicia Pena insiste en que este caso é un exemplo máis do "verdadeiro talante" do equipo de Orozco. A concelleira recordou como "pasou medio ano desde que se celebraron as festas do San Froilán sen que o goberno presentase as cifras detalladas de gastos e ingresos, a pesar das reiteradas peticións cursadas polo PP".
A edila popular recordou ao equipo de Orozco que "a petición de información é un dos pasos necesarios na fiscalización do labor de goberno" lamentando as dificultades que ten á hora de obter datos.
Rogo comisión rueiro.-
A concelleira popular tamén lamentou a "desidia" da concelleira socialista responsable de cultura no tocante á convocatoria da comisión do rueiro. Aínda que estaba previsto retomar o traballo en xaneiro, a estas alturas non hai data fixada para traballar na designación de nomes para distintas rúas da cidade.
Alicia Pena anunciou que presentará un rogo, no próximo pleno, para que a citada comisión do rueiro reúnase no mes de abril. |
|