| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular alerta sobre os posibles problemas que pode xerar o uso abusivo de bolardos
|
|
| |
18/03/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
A colocación destes elementos na beirarrúa pode imposibilitar a actuación de servizos de urxencia talles como os sanitarios, bombeiros, ou o traslado de enfermos aos domicilios.
-
Esta situación traería como consecuencia a ocupación da vía pública, provocando problemas de tráfico sobre todo en arterias principais da cidade como a Avenida da Coruña.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular alertou esta mañá sobre os problemas que pode xerar a colocación abusiva de bolardos nas beirarrúas da cidade.
O concelleiro popular Enrique Rozas acudiu aos puntos nos que recentemente se colocaron novos bolardos e denunciou que estes elementos poden provocar problemas de tráfico no caso de que se teña que producir a intervención dalgún servizo de urxencia, xa sexa sanitario, policial, ou de bombeiros. "Nalgún destes casos a intervención pode durar horas, e non ten sentido que durante todo ese tempo téñase que entorpecer o tránsito de vehículos". Dáse ata o caso de que en rúas como Tino Grandío ou Luís Seoane, unha situación deste tipo non só entorpecería o tráfico, senón que o obstaculizaría totalmente. |
|
| |
Enrique Rozas apunta que ademais dos casos de urxencias hai casos máis habituais que poden provocar situacións similares: "Se unha persoa con mobilidade reducida ten que ser trasladada ao seu domicilio e o vehículo en que se fai este desprazamento non ten onde parar momentaneamente, a única opción que lle queda é entorpecer o paso dos vehículos. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
Isto, que pode parecer un tema menor, agrávase no caso das principais arterias da cidade, como a Avenida da Coruña, onde se poden producir importantes retencións de tráfico". |
|
| |
Para o Grupo Municipal Popular os bolardos son elementos disuasorios de estacionamento que teñen o seu sentido en casos puntuais, como son os cruces nos que o estacionamento dun vehículo sobre a beirarrúa pode supor un risco tanto para os peóns como para os vehículos, que ven a súa visibilidade moi reducida. "En ningún caso pódese entender o bolardo como un substituto do labor policial ordinaria, que é o que parece que sucede aquí".
Coordinación da Policía.-
Para Enrique Rozas o problema de fondo é, unha vez máis, a falta de planificación da actividade da Policía Local. "É a Policía Local quen ten que exercer o labor de vixilancia e sanción se alguén ocupa unha beirarrúa para estacionar. Iso sería o normal, e non que se poñan obstáculos físicos que poden chegar a supor un problema maior que o que solucionan."
"Corresponde aos responsables policiais o establecer programas e planificacións que contemplen ao mesmo tempo que a patrulla de seguridade e vixilancia na cidade a detección e subsanación de irregularidades no que ao sistema de estacionamento refírese. Temos un bo servizo de Policía que o único que necesita é que alguén planifique a súa actuación". |
|
|
|