-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular propón axudas para as máis de 150 familias lucenses con membros celíacos

 
 
16/03/2009
bienestar
     
 
  • A achega municipal podería ser económica, ou de lotes mensuais de produtos sen gluten.
  • Sofía López Linares considera vital "que se promovan campañas e que se apoie desde o Concello a creación nos restaurantes da cidade de menús específicos".
   
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa no próximo Pleno para apoiar ás máis de 150 familias de celíacos do Concello de Lugo. A concelleira popular Sofía López Linares, celebrou hoxe unha reunión cunha representación da asociación de celíacos de Lugo para explicarlle en que consistían as propostas que o seu grupo defenderá no próximo Pleno.

A axuda que se propón podería ser económica ou ben material a través de lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen gluten. A idea é que o Concello estableza un apoio baremado de axudas ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade.

Outro aspecto desta proposición sería promover unha campaña encamiñada a facilitar a vida dos celíacos na nosa cidade, dando apoio á creación de menús específicos en restaurantes así como fomento da creación de seccións para celíacos en establecementos de alimentación.
 
 
Sofía López considera que o Concello demostrou pouca sensibilidade con este tema: Como exemplo puxo os almorzos saudables que promove a concellaría de educación. O Concello pediu aos pais que comunicasen se teñen fillos con algún problema deste tipo, e unha vez foille facilitada a información, no canto de preparar menús adaptados excluíron aos nenos do programa.

Foto

 
     
 
 
     
 
Os celíacos son persoas que non toleran o gluten polo que ven obrigados a comprar produtos especiais moito máis caros do habitual. Por exemplo un quilo de fariña sen gluten chega a custar cinco euros fronte ao euro escaso que se paga pola fariña normal.

A cesta da compra da semana dunha familia cun celíaco sobe máis de trinta euros, polo que ao final do ano, en produtos específicos da súa dieta chegan a pagar 1600 euros máis que unha familia que non ten un enfermo celíaco.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo