-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular afirma que as asociacións con sede na casa Clara Campoamor son vítimas da mala planificación de Carmen Basadre

 
 
13/03/2009
bienestar
     
 
  • O local de Alucem meteuse dentro do ximnasio compartindo espazo coas clases de terapia.
   
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular acusou á Concelleira responsable de Servizos Sociais de actuar a treo, e sen planificación á hora de situar asociacións de enfermidades crónicas ou de discapacitados nos locais de Clara Campoamor, situados no parque de Frigsa.

A concelleira Sofía López Linares explicou que a proba de que non houbo previsión é que á Asociación lucense de esclerose múltiple "asignóuselles un local panelado e acristalado que está situado dentro do ximnasio".

"Basadre recorta o espazo do ximnasio, que fai moita falta para todas as entidades, cun sistema que non é apropiado no século XXI. A maiores o local en cuestión carece de liña telefónica e para acender a luz hai que acender as luminarias de todo o ximnasio, co malgasto que iso supón".
 
 
Para Sofía López Linares está claro que se fixo "un parche" que prexudica non só a Alucem senón tamén ao resto das asociacións que ven obrigadas a compartir ximnasio cunha oficina acristalada da Asociación de esclerose. "A intimidade dos usuarios queda en dúbida pola presenza do persoal da oficina que hai dentro do ximnasio".

Foto

 
     
 
 
     
 
"Outro problema derivado da mala xestión de Basadre é a coincidencia, neste espazo, de enfermos de distintas doenzas".

Sofía López declarou que hai "unha sensación de impotencia nas asociacións afectadas porque o Concello non é capaz de solucionar este problema".

O Partido Popular anunciou que presentará un rogo para que se solucionen os problemas de espazo na casa de Clara Campoamor. Entre outras cousas solicitarase que se revisen os horarios de uso do ximnasio para evitar coincidencias. Hoxe día, desde as catro ata as oito da tarde coinciden, neste mesmo espazo, actividades de tres asociacións.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo