| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular contesta ao Alcalde que dirixa as súas críticas e insultos ao concelleiro e ao Director Xeral da Policía, responsables do caos deste servizo
|
|
| |
12/03/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares entenden que a saída de ton do Alcalde é unha cortina de fume para ocultar o seu fracaso na xestión da policía.
-
O Grupo Popular anunciou que seguirá entregando o seu informe mensual de incidencias a Orozco: " é problema dos socialistas que entendan a colaboración como un ataque".
-
O sistema de PDAs para multas que anunciou onte o Concello xa foi reclamado polo PP hai máis de tres anos.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Popular lamenta que a contestación do alcalde ás achegas feitas, durante anos polo PP co fin de mellorar a policía local sexa: o insulto e desprestixio.
Enrique Rozas pregúntalle a Orozco se "parécelle miserable e prexudicial que o Partido Popular poña sobre a mesa, nos últimos anos, un paquete de medidas relacionadas coa seguridade viaria"".
- Desde o ano 2005:
1. Radares rolda muralla
2. Controis de velocidade e alcoholemia
3. Crear comisión tráfico
4. Creación de pasos de peóns intelixentes
5. Eliminación dun sen fin de puntos negros
6. Regular pasos de peóns elevados
7. Pasos peóns para evitar caídas motos
- Cambio de cor pasos de peóns (iniciativa que se está estudando no Congreso)
- Petición redacción Ordenanza convivencia |
|
| |
Cre vostede que é unha actitude cicatera e ponzoñosa que o noso grupo propoña no ano 2006 o uso de PDAs na policía, cousa que vostedes anuncian onte"
Xa ven que imos moi por diante. Eu entendo que son achegas pero vostedes néganse a recoñecelo" É máis, esperan un tempo prudencial, aprópianse delas e véndenas coma se fosen da súa autoría. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Enrique Rozas lamenta que o único pronunciamiento público feito ata agora por o alcalde de Lugo sexa para "gastar enerxías en facer chamamentos públicos intentando desprestixiar o meu traballo como concelleiro na oposición" o edil popular invitou a Orozco a que "dedique esta enerxía en pór en orde a dirección da policía local. Utilice vostede a súa autoridade como máximo responsable e déixese de mirar para outro lado coma se non fose con vostede esta situación".
A xuízo de Enrique Rozas esta saída de ton de Orozco responde ao seu "nerviosismo porque se lle vai das mans o conflito da policía". O concelleiro popular recórdalle que o que goberna é o que ten na súa man a solución dos problemas e que é indigno que intente responsabilizar do caos que hai neste servizo ao Partido Popular. "Recórdolle a vostede que desde que é alcalde pasaron tres concelleiros e dous directores xerais, que por falta dunhas directrices claras levaron á policía local a un desprestixio".
Enrique Rozas manifestou que o seu grupo seguirá traballando e entregando mensualmente ao alcalde o informe de incidencias "é unha forma de brindar a nosa colaboración para corrixir os problemas, do servizo da policía" xa que ao negársenos formar parte da xunta local de seguridade esta é a única vía que nos queda. |
|
|
|