-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular considera grave que unha persoa marchase das dependencias policiais tras esperar unha hora para que lle practicasen as dilixencias por unha posible alcoholemia

 
 
05/03/2009
interior
     
 
  • A policía de barrio viuse obrigada a trasladar ao cuartel a esta persoa porque nin había ateigados nin os axentes da unidade de tráfico sabían realizar estas dilixencias.
  • Este caso pon en evidencia e ratifica as denuncias do PP sobre os "nefastos resultados" da última reestruturación da policía que o luns cumpre un mes.
  • Os populares lamentan que o goberno local prime o amiguismo sobre a profesionalidade á hora de distribuír o persoal da policía.
 
barra
           
 
Relato do caso.-

Noite do 5 ao 6 de marzo.-

A policía de barrio para en Santo Domingo a unha persoa que presentaba síntomas de embriaguez. Como non había axentes de ateigados reclámase a presenza, para efectuar as dilixencias oportunas, aos axentes adscritos á unidade de tráfico e seguridade viaria, quen manifestan que non saben como facer estas dilixencias.

A policía de barrio vese no deber de trasladar a esta persoa á sede da policía local. A persoa, logo de estar máis dunha hora esperando nas dependencias policiais para que lle practiquen as dilixencias oportunas, márchase.
 
 
As consecuencias.-

1. Como se entende que unha unidade de tráfico e seguridade que ten asignada a función de facer controis de tráfico teña axentes que non están formados para tal labor". Fai poucos días o PP detectou outro caso similar onde axentes desta mesma unidade non souberon montar o radar e xa que logo non se puideron realizar os controis de velocidade.

Foto

 
       
 
2. A situación que ocorre dentro do cuartel da policía é gravísima. A idea de colocar "a dedo" a un responsable por cada unha das unidades provoca situacións como as anteriormente descritas. Antes había un único xefe de quenda coordinando todo o servizo.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo