-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Partido Popular pedirá tamén explicacións á Ministra de Administracións Públicas sobre a trama que retiraba multas en Lugo

 
 
05/03/2009
grupo municipal
     
 
  • O deputado nacional, Joaquín García Díez, pide aos imputados no caso que "polo ben das institucións, das persoas e da provincia de Lugo" asuman as súas responsabilidades sen esperar a que se lles cese.
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo e deputado nacional do Partido Popular, Joaquín García Díez, anunciou que o Grupo Parlamentario do PP pedirá que compareza a Ministra de Administracións Públicas para explicar a presunta trama de retirada de centos de multas en Lugo.

Esta iniciativa súmase á xa rexistrada, o pasado venres, para que tanto o Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, como o do Director Xeral de Tráfico, dean conta de a información que teñan sobre o caso.

Para Joaquín García Díez a última noticia na que se imputa, en relación coa trama, ao subdelegado do goberno pon "cada vez máis en evidencia que hai responsabilidades políticas que depurar". "Polo ben da súa persoa e do organismo que representa a comparecencia da Ministra é necesaria, xa que é a responsable directa desta institución".
 
 
Os populares xustifican as peticións de comparecencia de ambos os Ministros e do Director Xeral de Tráfico "en aras a clarificar canto antes esta trama". García Díez tamén pide aos imputados que "asuman, con prontitude, as súas responsabilidades sen esperar a que se lles cese".

Foto

 
 

O deputado popular insiste en que "este é un tema grave que convén esclarecer canto antes. É preocupante e vergoñoso que Lugo sexa noticia por este tipo de cousas", lamentou.

Joaquín García Díez recordou que nas últimas datas producíronse imputacións e ata detencións de xefes de tráfico noutros puntos de España.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo