-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular entregará a Orozco un informe mensual cos incidentes detectados na Policía Local

 
 
05/03/2009
interior
     
 
  • Con esta iniciativa os populares brindan a súa colaboración para corrixir os problemas do servizo.
  • Enrique Rozas acusa ao concelleiro delegado e ao director xeral, co beneplácito do BNG, de manexar ao seu antollo a organización da policía.
  • O edil popular sospeita que o Alcalde descoñece a situación real da policía local porque de ser así destituiría de forma fulminante ao Director Xeral.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular anunciou que remitirá ao Alcalde, periodicamente, todos os incidentes que se rexistren con motivo da última reestruturación da policía local.

Enrique Rozas explicou que a piques de cumprirse un mes da posta en marcha da reorganización deste servizo xa se detectaron numerosos fallos: "O Alcalde parece descoñecer o que está pasando na Policía e o noso deber é informarlle do que sucede dentro do corpo da Policía, xa que se fose coñecedor da situación real a súa reacción inmediata debería ser a destitución fulminante do director xeral".

Os populares sospeitan que non hai unha comunicación fluída co Alcalde do que ocorre neste servizo. Todo apunta a que o concelleiro delegado xunto co director xeral, contando co beneplácito do BNG, manexan ao seu antollo a organización da policía.

Enrique Rozas puntualizou que "este directivo vén demostrando a súa incompetencia profesional e a súa falta de coñecementos en materia policial que quedan palpables, ás claras, nestes feitos que vimos de denunciar".
 
 
No informe que o concelleiro rexistrou hoxe detállanse incidentes que obedecen a falta de efectivos na unidade de ateigados, falta de efectivos na unidade de tráfico e seguridade viaria, escaseza de axentes en quendas de policía de barrio e de patrulla verde, así como a inexistencia de controis de velocidade e alcoholemia non programados tal e como se recolle no regulamento xeral de circulación. A estes puntos hai que sumar a falta de planificación en situacións climatolóxicas adversas como as vividas na cidade.

Foto

 
       
 
Colaboración.-

Con este informe mensual o Grupo Popular brinda, unha vez máis, a súa colaboración para corrixir os problemas que está xerando no servizo da policía a última reestruturación que este fin de semana cumpre un mes.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo