-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide solucións inmediatas para a cuberta do patio infantil do Colexio Rosalía

 
 
04/03/2009
educacion
     
 
  • Os nenos non poden saír ao patio cando chove porque a lona está completamente esnaquizada.
  • Alicia Pena Murias "Se o Concello reaccionase a tempo a solución pasaría por un parche provisional, pero agora o gasto terá que ser moito maior porque a lona é inservible".
  • Os populares denunciaron no seu informe anual este problema lamentando que, en catro meses, o goberno non se preocupase do benestar dos nenos deste centro.
   
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular critica a desidia do Concello de Lugo no mantemento dos centros escolares que dependen da administración local. Un dos casos máis sanguentos é o do Colexio Rosalía de Castro onde os nenos de infantil non poden gozar do recreo no patio porque "chove a caldeiros dentro".

No informe de peticións que a concelleira Alicia Pena realiza a principio do curso escolar fíxose fincapé no problema que había na cuberta deste patio de infantil. "O pasotismo e o desinterese do grupo socialista queda patente nos problemas que seguen sufrindo os alumnos do centro. Fai catro meses os buracos da lona que cobre a estrutura do patio eran perfectamente visibles e agora rompeu por completo a cuberta".
 
 
Pena Murias lamenta a nula sensibilidade dos socialistas cos problemas cotiáns do mantemento dos centros escolares que non só repercute no benestar dos nenos senón que tamén afecta á economía das arcas municipais: "Se o Concello reaccionase a tempo a solución pasaría por un parche provisional, pero agora o gasto terá que ser moito maior porque a lona é inservible".

Foto

O chan do patio reflexa a gran cantidade de auga que deixa pasar a moi deteriorada lona

 
       
 
Foto
Foto
 
       
 
Foto
Á vista de que esta deficiencia non se corrixiu despois de que o grupo popular denunciásea fai catro meses, Alicia Pena anuncia que revisará todos os problemas que detectou no mes novembro co obxecto de presionar ao equipo de goberno para que os solucione.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo