-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Partido Popular pide a Rubalcaba e ao Director Xeral de Tráfico que expliquen a información de que dispón sobre a trama que retiraba multas en Lugo
 
 
27/02/2009
grupo municipal
     
 
  • Joaquín García Díez recordou que nas últimas datas producíronse imputacións e ata detencións de xefes de tráfico noutros puntos de España
   
 
barra
           
 
O deputado nacional do PP, Joaquín García Díez, anunciou esta mañá que solicitará a comparecencia do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba así como a do Director Xeral de Tráfico para que expliquen o caso da presunta trama que se dedicaba a sacar multas na Xefatura provincial de tráfico de Lugo.

Os populares reaccionaban, con esta petición, despois de que se fixese público que un cargo político do PSOE ten que declarar ante o xuíz "parécenos un tema grave que convén esclarecer canto antes. É preocupante que Lugo sexa noticia por este tipo de cousas", puntualizou o deputado popular.
 
 
Aínda que García Díez expresou o seu máximo respecto ao xefe de tráfico de Lugo, imputado nesta causa, "non vou caer na trampa de sinalar co dedo a ninguén en tanto non sexa obxecto dunha actuación xudicial" insistiu na necesidade de que se dea unha explicación por parte do Goberno "xa que nas últimas datas, producíronse imputacións e ata detencións de xefes de tráfico noutros puntos de España".
Foto
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo