| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular considera un disparate que se pague máis dun millón e medio de euros ao ano para a posta en marcha da potabilizadora |
|
| |
25/02/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O portavoz popular insiste no absurdo desacerto desta operación e destaca que "a maiores, o Concello pagará o millón trescentos mil euros que custa a enerxía eléctrica dos motores da planta, coas tres quendas diarios en funcionamento".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica a adxudicación que hoxe levou á mesa de contratación dunha asistencia técnica para a xestión da depuradora de auga potable. O contrato, dun ano prorrogable, suporá un custo total de 1,5 millóns de euros, unha cifra que os populares consideran "un disparate" e que podería rebaixarse en aproximadamente un 30%.
A xuízo do portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, hai unha "moi mala xestión do ciclo da auga de Lugo. Deliberadamente o equipo de Orozco aparcou a negociación co PP para constituír unha empresa mixta e optou pola privatización". Os populares cren que as condicións que presentaron "non encaixaban cos plans do goberno socialista" que prefire "PRIVATIZAR" antes de chegar a acordos co Partido Popular, na liña das numerosas empresas mixtas que se constitúen en España". |
|
| |
García Díez considera que esta decisión de Orozco prexudica ao Concello, xa que "os lucenses ademais de asumir o pago de 1.552.000 euros anuais á adxudicataria do servizo terán que facer fronte a unha das partidas máis importantes da xestión da potabilizadora: o custo de enerxía eléctrica dos motores da planta". |
|
|
| |
Esta partida suporá, cando a planta traballe a 3 quendas, da orde de 1.300.000 " ao ano, case o importe que se pagará pola explotación. Os populares temen que o goberno socialista repita esta mesma xogada, o ano que vén, cando conclúa o contrato da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e en lugar de crear unha Empresa Mixta que xestione todo o ciclo da auga, privatícense a unha ou varias empresas as diferentes instalacións.
|
|
|
|