Jaime Castiñeira pediulle a Liñares que, do mesmo xeito que intensifica o seu plan de visitas nestes días de eleccións, intensifique o traballo para concluír esta obra. Nese sentido na carta que lle entregaron indicaban que "como responsable da Confederación Hidrográfica do Miño e como lucense esperamos que mostre a súa sensibilidade con esta zona verde e que dea as instrucións oportunas para a súa rápida recuperación".
BNG.-
A visita de Quintana ás vivendas da Tinería tamén foi obxecto da ironía do popular Jaime Castiñeira "a falta de méritos propios teñen que fotografarse nas obras que herdaron do Partido Popular". A incapacidade do BNG en materia de vivenda é manifesta "non teñen ningún balance propio. Na provincia de Lugo foron incapaces, en catro anos, de empezar e rematar nin unha soa vivenda de promoción pública".