A popular defendeu o traballo realizado nese sentido e recordou as distintas iniciativas presentadas.
Comisión suxestións.-
A grand demanda de usuarios das piscinas municipais reflíctese nas queixas que chegan á comisión de suxestións que preside a popular Cristina Ares.
Os lucenses piden máis cursos e unha mellor asignación das zonas para baño libre. O equipo de goberno contesta a unha veciña que reclama cursos de perfeccionamento nas Pedreiras, e dille que non é posible debido a gran demanda de baño libre.
Pendente de contestación figura outra queixa sobre funcionamento da piscina municipal de Frigsa, neste caso unha veciña protesta pola asignación de zonas para o baño libre.
Outra reclamación é pola calidade da auga, unha veciña da Praza Mestre Matías afirma que, por dúas ocasións, saíu "aceitosa".
Tamén se respondeu o veciño que reclamou un maior control da calidade das bebidas alcohólicas que se serven nos pubs de Lugo. O Servizo de consumo responde que "en colaboración coa Asociación Provincial de Hostalería e a Fundación Española de Bebidas Espirituosas realizáronse controis aleatorios para detección de adulteracións nas bebidas co concurso da policía local sen que se deu ningún caso". Termina invitando ao veciño que presentou a queixa a que interpoña unha denuncia, ben na policía local ou nas oficinas da OMIC.