-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide unha nova capa de rodaxe na Nacional VI ao seu paro por Lugo entre a Tolda e Garabolos

 
 
19/02/2009
grupo municipal
     
 
  • O firme quedou moi deteriorado como consecuencia dos temporais e o parcheo da vía é insuficiente.
  • Joaquín García Díez pedirá no próximo pleno que Orozco reclame esta mellora ao Ministerio de Fomento.
   
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, defenderá no próximo pleno unha proposición na que insta ao Concello a que reclame ao Ministerio de Fomento a mellora do asfalto da N-VI, ao seu paso polo Concello de Lugo, entre o final da Avenida de Madrid (enlace co final do desdobramento desde Nadela) ata o enlace no polígono do CEAO con Benigno Rivera.

Joaquín García Díez lamentou que as dúas máximas autoridades en estradas veñan a Lugo a facer promesas dunha ponte, do AVE e no básico, o inmediato, pasen de longo: "calquera dos dous, Magdalena Alvarez ou o Secretario do Estado de Infraestruturas, Victor Morlán, puido ordenar esta reparación, pero o PSOE prefire seguir ensinando papeis e prometendo obras que xa tiñan que ser unha realidade que resolver os problemas do día a día dos lucenses".
 
 
Os últimos temporais deterioraron, de forma importante, o firme desta vía "aínda que é certo que levaron cubos de alcatrán e que se parchearon algunhas fochas, nos últimos días, consideramos que é un remiendo pouco efectivo. Nun tramo, como este, con tanta intensidade de tráfico o que procede é que se aplique unha nova capa asfáltica de rodaxe", puntualizou García Díez.
Foto
 
 
Por esta vía circulan a diario 15.000 vehículos, o tramo ten varios puntos negros onde se rexistran numerosos accidentes: no ramal da Avenida das Américas, á altura do Anxo Carro e entre a saída do centro comercial á calzada romana. A situación é preocupante dado que as fochas e fochancas poden provocar a perda do control do vehículo.

O portavoz dos populares criticou o desinterese do goberno neste treito da Nacional VIN, para a que o Grupo Municipal Popular propuxo en varias ocasións un tratamento de vía urbana xa que presenta unha importante carencia no tocante ao seu coidado e mantemento.


Plans extraordinarios.-

Esta petición que se debaterá no próximo pleno, refórzase cunha batería de preguntas que o PP presentou no Congreso para saber se o goberno de ZP previuse "algún plan extraordinario para repor os danos ocasionados polos temporais en viarios da provincia que pertencen a rede de estradas estatais". O portavoz popular, e deputado no Congreso, Joaquín García Díez explica que foron importantes os danos no tocante á capa de rodaxe, pintura de sinalización horizontal, peches laterais en autovías, cunetas"

Nova Ponte.-

O portavoz popular tamén se referiu a distintas obras viarias da cidade como a da nova ponte. García Díez solicitou, onte mesmo, unha entrevista co Director Xeral de Estradas coa idea de coñecer, de xeito detallado o proxecto desta infraestrutura e reclamou unha copia do Proxecto.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo