Logo das falsas expectativas alimentadas desde a Xunta do bipartito, a día de hoxe, máis do 90% dos dependentes do Concello de Lugo continúan sen recibir axuda algunha da Administración autonómica.
A concelleira do Grupo do Partido Popular, Sofía López Linares, detallou os datos facilitados por escrito a instancias dunha batería de preguntas que formulou o pasado 11 de febreiro de 2009.
- Dos 471 usuarios que reciben a axuda municipal a domicilio tramitáronse 106 expedientes para solicitar axudas de dependencia. Só tres están dados de alta.
- Dos 42 expedientes dos que la Xunta informou favorablemente en outubro de 2008 só cinco están dados de alta nel Servizo de atención familiar por dependencia.
- Dos 136 expedientes de lucenses tramitados polo Concello nos últimos anos, só se valoraron 14 (Doce de grao tres; Dous de grao un).
Todas as valoracións de grandes dependentes que recibiu o Concello da Xunta son de data 26 de xuño de 2008. Faleceron catro dos dependentes que estaban á espera de recibir valoracións e axuda.