-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia un novo caso de desorganización das unidades creadas coa última reforma policial

 
 
17/02/2009
interior
     
 
  • O equipo de goberno de Orozco segue dando mostras da súa ineficacia na nova reestruturación da policía. A pesar das reiteradas denuncias de que a unidade de ateigados está baixo mínimos o goberno local segue sen tomar cartas no asunto.
   
 
barra
           
 
Esta mañá, entre ás seis e as oito, só houbo un axente en ateigados, e nin un só policía na unidade de tráfico e seguridade viaria creada ao amparo da última reforma deste servizo.

A falta de axentes nestas unidades obrigou a botar man dos efectivos de policía de barrio para levantar un ateigado dun accidente no centro urbano, que se rexistrou ás sete desta mañá.
 
 
Para Enrique Rozas esta situación é unha proba do descontrol que hai no seo da policía e da falta de coñecementos profesionais dos que hoxe están ao mando deste servizo: "moito papel, moita propaganda pero a efectividade é nula".
Foto
 
 
Para os populares cada día que pasa confírmase o seu peor temor: "A reforma da policía é un fracaso. No caso da unidade de tráfico e seguridade viaria (que se puxo en marcha fai unha semana) chama a atención que tendo máis de trinta integrantes esta mañá non se previse a presenza de nin un só axente entre as seis e ás oito. Unha vez máis falla a programación".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo