-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica a patrimonialización das festas de todos por parte do Goberno de Orozco

 
 
16/02/2009
cultura
     
 
  • Alicia Pena: "É inxustificable que, unha vez máis, teñámonos que decatar de quen é o pregoeiro e do programa de actos do entroido polos medios de comunicación".
  • Os populares tamén denunciaron a tardanza na presentación das contas dos gastos do San Froilán.
  • A edila popular espera que o Concello respecte o acordo do pleno e convoque, en breve, a comisión para planificar os actos do noveno aniversario da Muralla.
   
 
barra
           
 
Desde a alcaldía encómiase que os lucenses acheguemos iniciativas, pero en realidade, seguimos vendo que é mera teoría. A última proba de que os socialistas actúan coma se tivesen maioría absoluta témola na confección do programa de entroido: nunhas festas tan "creativas e participativas como estas" resulta ofensivo que nos decatemos polos medios de comunicación do programa e ata do nome do pregoeiro.

Alicia Pena puxo así de manifesto o malestar do seu grupo por esta actitude do equipo de Orozco e de face á próximas celebracións pediulles "un pouco do talante do que tanto presumen".

Noveno aniversario Muralla.-

A concelleira popular considera que é hora de dar cumprimento a un acordo de pleno no que se decidiu convocar a comisión de cultura para organizar os actos conmemorativos do noveno aniversario da muralla.
 
 
"Ao ritmo co que o PSOE traballa é hora de recordar que está pendente de concretar unha convocatoria da comisión de cultura para planificar e programar, con suficiente antelación, os actos conmemorativos do próximo aniversario da Muralla".
Foto
 
 
O pasado mes de decembro aprobouse unha proposición, a iniciativa do Partido Popular, para que se consensuasen os actos para a celebración do noveno aniversario da Muralla. Desde o Grupo Popular xa se puxeron sobre a mesa dúas propostas:

1. Organizar unha proba deportiva de ámbito autonómico ou nacional para pór en valor a Muralla.
2. Durante a semana da conmemoración abrir, de forma gratuíta, o Centro de Interpretación da muralla.

Contas San Froilán.-

Para rematar, Alicia Pena tamén criticou a tardanza, por parte do concello, en entregar as contas dos gastos do San Froilán. Nese sentido, Alicia Pena, expresou o seu malestar porque pasaron case catro meses da celebración das patronais e o goberno non presentou aínda as cifras detalladas de gastos e ingresos das patronais. Tampouco se recibiron as contas detalladas do San Froilán do 2007, que se solicitaron ata tres veces por escrito sen recibir resposta ata o momento.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo