-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O PP denuncia no Congreso o "obsceno malgasto" de Touriño no Goberno da Xunta

 
 
11/02/2009
grupo municipal
     
 
  • Joaquín García Díez recordou que co que se gastou en caprichos o presidente de Galicia podíase pagar a nómina de 833 galegos durante todo un ano ou contratar máis de 1.167 asistentes persoais para discapacitados.
  • O deputado popular lucense asegurou, cos datos do desemprego de xaneiro na man, que mentres Touriño gasta sen freo cada hora 16 galegos vanse ao paro.
 
barra
           
 

O Partido Popular trasladou ao Congreso dos Deputados "o obsceno malgasto" do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e pediu que, en tempos de crises como os que estamos atravesando, o Goberno pida austeridade na Administración Pública para evitar que os cidadáns teñan que sentir "vergoña".

O deputado popular Joaquín María García Díez criticou que Touriño se autodefina como "un cidadán máis" e subliñou que entre el e o resto hai unha gran diferenza e é que mentres el gasta 7 millóns de euros de fondos públicos en mobiliario e coches de luxo, cada hora 16 galegos fóronse ao paro no mes de xaneiro por culpa da crise.

Para García Díez, que dixo que en dous minutos era imposible enumerar nin a metade dos luxos do presidente galego e recordou que só as cristaleiras que se escurecen soas custaron máis de 30 millóns das antigas pesetas, "tanto malgaste reflexa unha forma de Gobernar", polo que dixo "sentir vergoña como galego do seu presidente".

O deputado lucense salientou que unha soa cadeira custou catro veces o salario mínimo interprofesional e sinalou que o peor de todo era que a pesar de que todos os galegos estaban avergonzados pola actuación do titular da Xunta, Touriño non estaba disposto a rectificar nin a pedir desculpas

 
 
"Co que se gastou en caprichos o señor Touriño habería suficiente para pagar a nómina de 833 galegos durante todo un ano ou habería diñeiro suficiente para contratar a 1.167 asistentes para discapacitados tamén durante un ano", sentenciou García Díez.
Foto
 
 
Para o deputado popular, Galicia está atravesando unha importante crise económica e os seus dirixentes deben ser os primeiros en dar exemplo. Segundo dixo, "aos galegos estáselles acabando a paciencia cos caprichos de Touriño e iso vaise a reflectir o próximo 1-M".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo