| |
Ao longo desta semana repartiranse 40.000 exemplares dun novo número do boletín Lugo Popular.
O boletín abre a súa portada cun artigo asinado polo portavoz dos populares no Concello. Joaquín García Díez fai alusión á reaparición de vellas promesas de anteriores campañas: "Veremos escavadoras movendo terra, levantando po e vendendo fume", puntualiza Joaquín García Díez. Neste novo boletín do grupo popular tamén hai un apartado especial para dar conta dos centos de edificios salvados no novo Plan Xeral grazas ás propostas do Partido Popular. |
|
| |
Na contraportada enuméranse algúns exemplos do malgasto que se produce de forma continuada no Concello de Lugo. Entre estes gatos, continuamente denunciados polo Grupo Municipal Popular, destacan algúns dos máis rechamantes e que supón grandes desembolsos nun tempo de crise. |
|
|