-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia perigosos baches na zona rural

 
 
10/02/2009
rural
     
 
  • Nalgúns casos as fochas alcanzan os 25 centímetros de profundidade, o que pon en perigo calquera vehículo que os intente superar.
  • A deterioración das calzadas débese á falta de coidados do firme e da falta de roza das cunetas
 
barra
           
 

O concelleiro popular Manuel López achegouse ata un das grandes fochas que hai na zona rural de Lugo, concretamente a un en que recentemente se accidentou un vehículo entre o Ceao e o lugar de Baqueixos (Tirimol). O suceso tivo lugar onte ao redor das sete da tarde.

Na fotografía un veciño que vive ao pé da pista protesta polo mal estado da pista. A focha en cuestión ten uns 25 centímetros de profundidade e metro e medio de lonxitude.

O Grupo Municipal Popular vén denunciando reiteradamente que a falta de roza das cunetas acelera a desfeita das calzadas. Hai que recordar que os populares, fai un ano aproximadamente, pediron que o Concello deixase de parchear as pistas e que se procedese a asfaltalas con aglomerado en quente. O PSOE negou tajantemente a petición do Grupo Popular.

 
 
Foto
Foto
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo