-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

López Linares critica a falta de solidariedade do equipo de Orozco cos afectados pola crise

 
 
05/02/2009
bienestar
     
 
  • A concelleira popular insiste en que o gasto social no Concello de Lugo "ten pouco de social e moito de socialista".

  • Sofía López puxo as contas claras, "en dous magostos o Concello gastou 21.243,78 euros (máis de tres millóns e medio das antigas pesetas)".
 
barra
           
 

A concelleira popular Sofía López Linares lamentou a negativa de PSOE e BNG á proposta para pór en marcha un plan de axuda social dirixido aos afectados pola crise.

Logo de coñecer que Lugo é a provincia na que máis subiu o paro en xaneiro e que é cando todas as forzas sindicais piden máis apoio para os traballadores que perderon emprego non se entende a súa postura. "Terán vostedes que explicar aos cidadáns porque renuncian a priorizar o gasto social nun momento como este".

A concelleira popular pregúntase se o equipo de Orozco quere ocultar o malgasto e gastos superfluos que ocultan detrás de supostos gastos sociais.

 
 
O Grupo Municipal do Partido Popular considera "surrealista" que se poñan en dúbida os cálculos que se fixeron durante o Pleno, polo que se enumerou, con todo detalle, o que o equipo de Orozo gastou en distintos eventos que "teñen pouco de social e moito de socialista".

Sofía López puxo as contas claras "tan só en dous magostos destináronse 21.243,78 euros (máis de tres millóns e medio das antigas pesetas)
Foto
 
 
O "gasto social" do PSOE en Lugo.-

O que chama o equipo de Orozco "Gasto Social" son magostos e actos de dubidosa efectividade social.

Magostos.-

8.926,78 EUROS CUSTOU o magosto celebrado o pasado 16 de novembro de 2007, organizado polo Centro da Milagrosa.

12.317 EUROS custou o magosto 22 de Novembro de 2008, organizado por unha empresa externa. López Linares critica que este encontro non se faga con medios propios, tal e como se fixo noutras edicións, encarecendo a organización en 4.000 euros.



Trivial para mulleres.- 12.000 "
Cinco horas de formación en materia de igualdade .- 1.306 "
Revista virtual Foéminas (pagáronse ata números non publicados): 950 euros mensuais.

Outros gastos: cursos da vidente Carmen de Foz, viaxe a Santo Domingo para asistir a un Congreso sobre prevención de drogas"
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo