-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pregúntase se a negativa do PSOE a cambiar a xestión da sala de tráfico é por amiguismo

 
 
04/02/2009
interior
     
 
  • Rozas explicou que o irmán do responsable do gabinete de tráfico, persoa próxima a José Rábade, é operador do centro.
  • Ao BNG replícalle que "o único que quedou en evidencia, co seu rexeitamento á iniciativa popular, é a pleitesía ao PSOE por contraprestacións para colocar aos seus".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular cre que a negativa do PSOE a apoiar un cambio da xestión na sala de control de tráfico obedece a intereses persoais do concelleiro de Protección á cidadanía "xa que o irmán do responsable do gabinete de tráfico, persoa próxima a José Rábade, está contratado pola empresa que xestiona a sala de control".

Respecto ao posicionamento do BNG, Rozas deixou claro que a proposta de que os axentes xestionen esta sala responde unicamente a criterios de "operatividade, porque o marca a lei e porque resulta máis económico para as arcas municipais. O señor Lage é o único que queda en evidencia logo de coñecerse as contraprestacións que consegue o seu sindicato tras a última reestruturación". Un dos pagos que supuxo o apoio do BNG á reestruturación que fixo o PSOE da policía foi premiar ao representante sindical da CIG, que pasa a ocupar un posto no centro de mando do novo organigrama.
 
 
Enrique Rozas tamén arremeteu contra a política "clientelar" que ao seu xuízo practica o responsable da policía "cando o seu xefe de filas, o señor ZP, falou en Lugo de prácticas caciquiis referíase ás destitucións fulminantes de profesionais e colocación en postos de mando aos seus amigos?"
Foto
 
 
O concelleiro popular referíase ao caso dun funcionario que levaba 20 anos na unidade de sancións e que acaban de substituílo por un auxiliar administrativo laboral que ten ao mando a un suboficial que leva un ano de baixa e está próximo a xubilarse.

Xuízo paralelo.-

Para rematar os populares denuncian que se filtrasen á prensa, antes de concluír o expediente, unha información sobre dous expediente abertos a policías por distintos motivos. Enrique Rozas considera que desde o equipo de goberno pretenden facer, ante a opinión pública, un xuízo paralelo para demonizar ao corpo da policía.

Rozas, recuperando o debate do pleno lamentou o "pin, pan, pun en que o goberno local converteu á policía. Co mesmo alcalde pasaron tres concelleiros e dous directores xerais e Lugo segue sen un servizo de policía de rúa".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo