-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide explicacións pola paralización do Regulamento de Participación

 
 
28/01/2009
empleoyssgg
     
 
  • Cristina Ares: "En oito meses o equipo de Orozco foi incapaz de pronunciarse sobre cuestións vitais como o número de distritos ou a elección de pedáneos".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular presentou unha batería de preguntas nas que pide explicacións ao equipo de Orozco sobre distintas cuestións relativas á participación cidadá.

A concelleira Cristina Ares pide ao equipo de Orozco que clarifique cal é a posición oficial do goberno municipal no que respecta ao número de distritos en que se dividirá a cidade tras a entrada en vigor do novo Regulamento de Participación Cidadá.
 
 
Foto
Tamén pregunta por cal é o "sistema democrático de elección dos representantes dos veciños nas parroquias rurais que pensou propor o goberno para a súa inclusión no novo texto regulamentario". Ares quere que se poña sobre a mesa o prazo de finalización dos traballos da Comisión encargada de propor o novo texto do Regulamento de Participación Cidadá para elevalo ao Pleno.
 
 
Para rematar os populares queren saber que entende o goberno socialista por "orzamentos participativos".

Proceso paralizado.-

Cristina Ares achaca a paralización da redacción deste Regulamento de Participación Cidadá á falta de vontade política do equipo de Orozco: "Desde o comezo do proceso foron moi remisos para aceptar a opinión maioritaria dos membros da Comisión en aspectos especialmente significativos do debate, como a división da cidade en máis dun distrito, ou a elección democrática dos representantes dos veciños da zona rural".

A primeira reunión da Comisión encargada de propor un novo texto do Regulamento de Participación Cidadá tivo lugar fai oito meses.

Desde as primeiras reunións deste órgano, o Grupo Popular esixiu un calendario de traballo serio, que permitise ter redactada a proposta normativa a finais do pasado verán.

Durante as primeiras semanas de reunións da Comisión, mantívose, con carácter xeral, o ritmo de traballo, a pesar das dificultades impostas polo escaso compromiso do goberno socialista coa idea de perfeccionar e aumentar as canles de participación cidadá na nova norma respecto ao establecido no texto actualmente en vigor.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo