| |
O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, e o concelleiro responsable da área urbanística, Jaime Castiñeira, presentaron esta mañá a oficina Popular de Información sobre o novo Plan Xeral.
"É rechamante que o primeiro día o tempo previsto chegase a pouco para atender a demanda dos cidadáns, que desde primeira hora da mañá achegáronse ata a sede do PP de San Marcos para facer as súas consultas particulares".
O horario de atención ao público será de 10:30 a 12:30 os martes e xoves. Os mércores facilitarase información aos veciños da zona rural trasladando a oficina a escolas situadas estratexicamente para dar cobertura ás parroquias. |
|