-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O PP cualifica de "sucedáneo" de Alta Velocidade a liña Ourense-Lugo

 
 
26/01/2009
grupo municipal
     
 
  • Os deputados populares de Lugo e Ourense reclaman que se lle retire a cualificación de liña de Alta Velocidade porque non cumprirá nin sequera os estándares fixados para as liñas de Altas Prestacións de velocidade alta.
  • Sinalan que máis de 72 km do itinerario, un 69% do traxecto (dúas terceiras partes da obra), non serán aptos para superar os 160 km/h.
  • No tramo Ourense-Peares, onde se aproveita parte dun trazado deseñado en 1880 "non se poderán conseguir velocidades superiores a 120 km/h".
  • Solicitan a comparecencia urxente no Congreso da secretaria de Estado de Infraestruturas para que explique os motivos polos que o ministerio condena a esta liña a velocidades moi inferiores ás da alta velocidade.
  • Recordan que hoxe se cumpren seis anos do inxustificable atraso na tramitación desta liña.
 
barra
           
 
Os deputados populares pola provincia de Lugo, Joaquín María García Díez, quen tamén é portavoz do Grupo Municipal Popular, e Raquel Arias, que encabezará a candidatura por Lugo ao Parlamento de Galicia, e pola de Ourense, Celso Delgado e Jesús Vázquez solicitaron a comparecencia urxente da secretaria de Estado de Fomento, Josefina Cruz Villalón, para que explique en sede parlamentaria por que o Ministerio de Fomento decidiu condenar á liña de AVE Ourense-Monforte-Lugo a unha soa vía, limitando así a súa velocidade máxima e condenándoa a converterse nun sucedáneo de alta velocidade.

Para os populares, non cabe dúbida de que a esta liña debe retirárselle a súa cualificación de alta velocidade "porque nin sequera chegará a cumprir os estándares fixados para as liñas de Altas Prestacións de velocidade alta, que admiten un trazado apto para 220/240 km/h".
 
 
O PP criticou que a solución aceptada elimina 6 das 8 rectificacións previstas, polo que finalmente o 69% do itineario, 72,12 quilómetros, só serán aptos para 160 km/h, pero é que hai casos aínda máis flagrantes como o do tramo de Ourense a Peares, de 18,1 km, onde as curvas do trazado que se aproveita (deseñado en 1880) non permitirán velocidades superiores a 120 km/h.
Foto
 
 
En opinión de Celso Delgado, Jesús Vázquez, Raquel Arias e Joaquín García Díez, a vía única adoptada polo ministerio no tramo Ourense-Monforte supón unha mala solución para o tráfico en capacidade e derivará en incumprimentos constantes de horarios.

Segundo sinalan, a vía única podería sera válida no tramo de Monforte a Lugo, que ten menores tráficos, pero no Ourense-Monforte coinciden os seguintes servizos:

AVE Madrid a Ourense e Lugo

Media distancia AVANT de Ourense a Lugo

Servizos de sur de Galicia e Santiago con Cataluña e País Vasco, que se incrementarán ao reducirse tempos

Tráficos de mercancías de todos os portos do sur de Galicia: Vigo, Marín, Vilagarcía

Tráficos de mercancías de poboacións como Santiago, Vigo e Ourense

Tráficos de mercancías procedentes do norte de Portugal



Todos estes servizos, tendo en conta a obrigatoriedade de cruces e esperas fan moi complicado que o tramo sexa eficiente en horarios.

Os deputados populares ourensáns e lucenses subliñan, ademais, o impresentable atraso que está sufrindo esta obra, da que hoxe precisamente se cumpren seis anos desde que a secretaría de Estado de Infraestruturas resolveu aprobar tecnicamente o estudo informativo. O PP recorda que se se cumpriron os prazos aprobados polo Congreso dos Deputados "esta linéa debería entrar en servizo en 2009", e a realidade é que aínda non ten aprobado de forma definitiva nin o proxecto.

Para o PP, non cabe dúbida de que a tramitación sufriu atrasos deliberados, como tampouco a cabe de que a súa publicación onte no BOE responde a criterios puramente electoralistas. É máis, o Ministerio de Medio Ambiente non iniciou consultas ambientais coa Xunta de Galicia ata o 26 de xuño de 2007, tres anos e medio logo de recibir o expediente de Fomento.

Finalmente, os deputados populares manifestan a súa sorpresa polos prazos de tramitación que se expón, xa que o traxecto é a reforma dunha liña xa existente, á que só se realizan algunhas variantes e rectificacións e na que o 10% do trazado xa ten Declaración de Impacto Ambiental (as variantes de Pobra de San Xulián e de Canabal) porque se tramitaron de forma independente con anterioridade.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo