| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia a falta de previsión dos responsables do Concello no operativo do temporal, mentres no Congreso o PP pide a declaración de Zona Catastrófica para varias zonas de Galicia
|
|
| |
26/01/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Enrique Rozas: "Houbo escaseza de efectivos, e problemas graves de comunicación entre os corpos de seguridade".
-
O concelleiro popular pregunta quen estivo á fronte do operativo e recrimina que non se convocase a Xunta Local de Seguridade.
-
Os populares felicitan aos bombeiros, policías e voluntarios de protección civil que traballaron arreo, durante todo o fin de semana, para paliar as consecuencias do temporal.
-
Os deputados galegos do PP reclaman ao Goberno un real decreto con axudas urxentes e piden ao Consorcio de Seguros que axilice os pagos aos afectados.
-
Os deputados da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra demandan ao Executivo de Zapatero o mesmo trato que con ocasión doutras catástrofes deuse a outras comunidades autónomas.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular criticou a falta de previsión das autoridades locais de Lugo durante a alerta de temporal do pasado venres. O edil Enrique Rozas denunciou que "no canto de montar un dispositivo específico e proceder ao acuartelamento tanto de bombeiros como de policía, deixouse o servizo cos efectivos habituais".
"É inadmisible que de 180 profesionais dos que dispón o Concello de Lugo (140 policías e 40 bombeiros) na noite do venres só estiveron de servizo 21 efectivos (14 policías 7 bombeiros)".
O Grupo Municipal Popular pregunta onde estivo o Director Xeral da Policía, quen estivo á fronte do dispositivo, e para rematar tamén quere saber por que non se convocou a Xunta local de seguridade para establecer os dispositivos necesarios ante o aviso dunha alerta vermella, un feito que non se producía na nosa cidade desde o furacán Hortensia (no ano 1984).
Enrique Rozas pregunta irónico si "o gabinete de crise era a cea á luz das velas que mantiveron cargos do PSOE mentres pasaba o temporal". |
|
| |
Problemas de comunicación.-
Resulta difícil de entender que tanto a policía local de Lugo como o parque de bombeiros non dispoñan nas súas dependencias duns xeradores. Unha consecuencia directa da carencia deste material repercutiu nas comunicacións telefónicas que se viron seriamente afectadas, entre as 11:30 e as 3:30 da madrugada, chegando ao extremo de que bombeiros e policías tiveron que utilizar os móbiles particulares para coordinar o operativo. |
|
|
| |
Esta situación de falta planificación, lonxe de corrixirse, repetiuse o sábado. Os efectivos realizaron as súas quendas habituais sen ningún reforzo a maiores. Enrique Rozas subliñou como "o propio sábado, a luz do día fixo visibles o gran número de danos ocasionados polo temporal, e os sete bombeiros que había de servizo estiveron ocupados cunhas 30 saídas, quedando o parque de bombeiros todo o día sen efectivos. No cuartel só había unha persoa para atender o teléfono".
A falta de previsión é unha constante e non se corrixiu nin sequera na noite do domingo. "Por exemplo, habendo alerta e tres centímetros de neve de espesor, non había cadeas para colocar nos vehículos".
Para rematar Enrique Rozas felicitou o traballo realizado por todos os efectivos da policía local e bombeiros que estiveron de servizo, así como aos voluntarios de protección civil, á fronte do cal estivo o seu responsable que, con gran previsión, montou un dispositivo específico para cubrir esta alerta.
Petición do Partido Popular no Congreso.-
Os deputados galegos do PP presentaron unha Proposición non de Lei no Congreso esixindo ao Goberno a declaración de zona catastrófica para as áreas de Galicia, e doutras comunidades do norte de España, afectadas polo temporal de choiva e vento que arrasou a comunidade autónoma os días 23 e 24 de xaneiro, así como a aprobación dun real decreto que con carácter urxente inclúa un paquete de axudas para os afectados polas cuantiosísimas perdas que padeceron.
Para o PP, o Goberno debe proceder de inmediato a unha valoración e avaliación completa e inmediata dos danos producidos e dar unha resposta o máis rápida posible aos afectados e ás administracións públicas cuxos bens ver danados polo temporal, talles como dependencias municipais, infraestruturas, abastecementos, camiños, etc.
Os populares cren que o real decreto do Goberno debe contemplar, así mesmo, non só achegas económicas que palíen as importantes perdas sufridas, senón tamén créditos brandos que permitan aos particulares afectados recuperar, canto antes, as súas explotacións, negocios e vivendas.
A falta de luz eléctrica afectou a medio millón de fogares galegos, calcúlase que botou a perder miles de toneladas de produtos de mar que moitas empresas tiñan almacenados, así como centos de toneladas de alimentos procedentes da matanza que moitas familias tiñan nos seus conxeladores e miles de litros de leite que non puido ordeñarse pola falta de xeradores. Por non falar das perdas da flota pesqueira que non puido saír a faenar e que viu como moitos dos seus barcos sufrían desfeitas polo temporal.
Así mesmo, o PP entende que han de axilizarse as actuacións do Consorcio de Compensación de Seguros naqueles supostos nos que a causa dos danos entre dentro do seu ámbito de cobertura.
Os populares galegos en Madrid consideran que o Goberno debe actuar coa mesma dilixencia coa que actuou en casos de inundacións e temporais noutras comunidades autónomas e espera que as axudas cheguen canto antes aos afectados de Galicia.
|
|
|
|