-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pregunta cando se vai a poder usar o Parque dous Paxariños

 
 
16/01/2009
medioambiente
     
 
  • Teresa Taboada comprobou "in situ" que para concluír a obra quedan algo máis que "pequenos remates".
  • Orozco prometera telo listo en 2004, e xa van dous mandatos incumprindo a palabra dada.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular, a través da concelleira Teresa Taboada, pídelle ao equipo de Orozco que aclare cal é o prazo previsto para que os veciños poidan gozar do Parque dous Paxariños. Nese sentido anunciou que formulará unha batería de preguntas coa idea de coñecer en que situación están os traballos deste área de esparexemento que Orozco prometeu que se podería usar en 2004.

A edila popular considera moi optimista a visión do equipo de goberno que recentemente declarou que só quedaban "pequenos remates que debe facer persoal especializado".

A popular explicou que zonas próximas ao anfiteatro son un auténtico bulleiral; aludiu ás profundas pegadas dos vehículos de obra, presentes na práctica totalidade dos camiños, dificultando o paseo.

 
 

Teresa Taboada tamén puxo o acento en que non se fixo ningún traballo de revegetación naquelas zonas das que se tomaron préstamos de terra vexetal para utilizar nos parterres. Estas zonas presentan unhas fochas importantes, e uns noiros moi altos e empinados que a auga de choiva arrastra cara ao río Rato.

Foto
 
       
 

Foto

Varandas provisionais, tapas de distintos servizos sobresaíndo máis de 15 centímetros, canalización á vista nalgúns tramos, restos de materiais... forman parte, a día de hoxe da paisaxe deste parque.

En opinión da edila popular aínda queda moito traballo por facer "á vista salta que aínda con man de obra abundante, a tempo completo, e traballando arreo, como mínimo tardaríase uns tres meses en ter a obra concluída".

 
 

Outra promesa incumprida.-

Os populares recordan que Orozco chegou a anunciar "aos catro ventos" que o Parque dous Paxariños sería a "a primeira obra pública do concello con el de alcalde". O 3 de Maio de 2003 prometeulle aos veciños que poderían "usar o parque en 2004". Meses despois comprometíanse a acabar as obras en 2005. Pasaron dous mandatos e "Orozco e o seu equipo seguen nelo", lamentou Teresa Taboada.

De momento os veciños, a falta do parque, teñen que conformarse como alternativa de esparexemento, coa mediana da Avenida de Fontiñas.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo