| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia que en 2008 o servizo de Guindastre custou aos lucenses 450.000 €
|
|
| |
14/01/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A sangría económica que supón para os lucenses a prestación do servizo do guindastre municipal continúa crecendo. O concelleiro Enrique Rozas, puxo sobre a mesa os datos dos últimos tres exercicios contables, unhas cifras que demostran os seus peores temores "os cálculos que fixemos confírmanse, o buraco, lonxe de frearse sigue incrementándose de xeito alarmante".
Ano 2006 .- 300.000 euros
Ano 2007.- 366.000 euros
Ano 2008.- 450.000 euros
|
|
| |
"De seguir a este ritmo cando finalice o contrato, no ano 2015, o Concello de Lugo e, xa que logo a todos os lucenses, suporalle máis de 4 millóns de euros (4.266.000 euros)", puntualizou Rozas.
|
|
|
| |
Coa idea de frear esta sangría económica o Grupo Municipal Popular anunciou hoxe que presentará unha iniciativa para debater en pleno "chegados a este punto o máis sensato sería que o Concello renegocie coa actual concesionaria as condicións da adxudicación axustándose ás necesidades que ten a cidade".
O edil popular considera que o Concello fixo unha previsión pouco acorde coas necesidades da cidade: un prego inflado, sobredimensionando o servizo.
Xa desde o primeiro momento, os populares mantiveron unha postura coherente e crítica coa adxudicación deste servizo "opóndonos, no seu día, á adxudicación do servizo na mesa de contratación".
|
|
|
|