-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular reclama a creación dun Consello Municipal de Maiores e a posta en marcha dun Plan Municipal específico para este segmento de poboación

 
 
13/01/2009
bienestar
     
 
  • Sofía López Linares acusa ao equipo de Orozco de improvisación e de programar "sen xeito nin dereito" as actividades dos maiores.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa para forzar ao equipo de Orozco a que "dunha vez por todas" cre o Consello Municipal de Maiores. A concelleira popular Sofía López Linares censurou a falta de coherencia do PSOE que prometeu "crear esta entidade e logo pasan os anos sen cumprir o seu compromiso".

A edila considera que "o Concello debería pasar polo filtro do Consello Municipal de Maiores todos os gastos que destina para aos maiores de Lugo. Deste xeito evitaríanse gastos propagandísticos ou innecesarios e fixaríase un plan municipal de maiores para o que queda de mandato, xa que a improvisación e a falta de innovación marcan a liña da programación do Concello para os nosos maiores".

 
 

Sofía López puxo como exemplo os preto de 300.000 euros anuais que se destinan para actividades de animación socio cultural, "pensamos que os propios maiores deben ter voz e voto á hora de decidir as actividades que prefiren realizar".

Foto
 
 

Con respecto ao consello tería, entre outras, as funcións de dar visto e prace a programas, informar sobre trámites e subvencións, e negociar toda a política do Concello de Lugo en tema de maiores.

Convenios.-

Tendo en conta que no Concello de Lugo hai 17.993 persoas maiores de 65 anos, a política social para este segmento de poboación debería pór o acento no fomento do envellecemento activo, e nese sentido o Grupo Municipal Popular suxire a posta en marcha de convenios de colaboración con diferentes entidades por exemplo a Universidade, o Balneario, Cámara de Comercio, CEL ou a Cruz Vermella.

Petición.-

n ese sentido, e facéndose eco da petición de usuarios, a concelleira popular reclamou que de face á programación de actividades en festivos estúdese ampliar os horarios de apertura. Sofía López trasladou as queixas de usuarios habituais dos centros que lamentaron que "todos os festivos de Nadal tivesen pechadas as súas portas cando son precisamente estes os días nos que quen están sos necesitaban estar máis arroupados e con compañía". Nese sentido a popular reclama que se estude a posibilidade de que se abra "a modo de proba" un centro nesas xornadas festivas.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo