| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular levará unha proposición ao Pleno para que sexa a Policía Local a que xestione a sala de control de tráfico
|
|
| |
12/01/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares critican que a sala de control estea pechada "a cal e canto" fins de semana e festivos e que os axentes non poidan acceder a estas dependencias situadas na propia sede da policía local.
-
Enrique Rozas recordou que con Orozco como alcalde se optou por externalizar o servizo deixando á marxe aos policías locais.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa no próximo pleno para que a policía local xestione, de forma directa, a sala de control de tráfico, aínda que contemplando os contratos de mantemento técnicos que sexan necesarios para os equipos. Con Orozco como alcalde de Lugo optouse pola externalización deste servizo sendo unha empresa privada a que o xestiona. En catro anos o Concello leva xa gastado preto de 200.000 euros cando podía saír gratis aos veciños.
Rozas afirma que de aprobarse esta proposición, evitaríase que se repetisen situacións "caóticas" como a que tivo lugar na celebración do último día da bicicleta cando un fallo producido na sala de control de tráfico deixou sen regularización semafórica a maior parte do percorrido da proba ciclista, sendo de tal magnitude o perigo que se ocasionou que chegou a pór en risco a seguridade dos participantes. "Nin o xefe de quenda da policía, nin o coordinador da policía dispón da chave para acceder a esta instalación".
|
|
| |
"É inadmisible que un servizo básico para regular o tráfico e manter a seguridade tanto dos peóns como dos automobilistas, quede a expensas única e exclusivamente da empresa que xestiona a sala". Esta situación, a xuízo dos populares, vese agravada porque "as tardes dos sábados, os domingos e festivos está pechada a cal e canto".
|
|
|
| |
Outra das consecuencias de leste "reducido horario" é que durante os fins de semana non se poidan controlar os excesos de velocidade en puntos tan conflitivos por exemplo a Rolda da Muralla.
Situación actual.-
En decembro finalizou a adxudicación á empresa concesionaria deste servizo e que se acordou manter, durante seis meses, esta externalización mentres se termina a redacción dun novo prego de condicións. O Partido Popular "pide ao equipo de Orozco que paralice este proceso", que considera innecesario e que "aforre o diñeiro para outras cousas".
Os populares recordan que hai quendas na policía local de 24 horas os 365 días ao ano e que os axentes están cualificados para asumir esta tarefa. Ata na nova Lei de Coordinación de Policías Locais establécese a "segunda actividade", relativa aos axentes de avanzada idade e que poderían desempeñar este tipo de funcións.
Desde o Grupo Popular insisten en que esta desorganización é froito da falta de dirección no seo da Policía Local.
|
|
|
|