-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular presentará un rogo para que se sinalicen correctamente as entradas aos colexios

 
 
11/01/2009
educacion
     
 
  • Tan só nas entradas de cinco dos 14 centros de ensino visitados está prohibido aparcar, e unicamente tres deles teñen rebaixes para facilitar o acceso a vehículos.
  • A seguridade dos nosos menores é fundamental, e non se prevé que poida necesitar acceder, por exemplo, un coche de bombeiros ou unha ambulancia nunha urxencia.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular solicitará ao Goberno Local sinalización adecuada nas entradas dos centros de ensino do municipio para evitar que se obstaculice o paso "quedando libre o acceso para todo tipo de vehículos, en especial os de urxencias (policía, bombeiros e ambulancias)".

A concelleira popular Alicia Pena Murias presentará un rogo para que se coloque un sinal de prohibido aparcar diante das portas habilitadas e tamén que leven a cabo as obras necesarias para rebaixar o tramo de beirarrúas que coinciden co paso.

 
 

"Dos 14 centros de Educación Infantil e Primaria visitados tan só cinco (Illa Verde, Rosalía, Gándaras, A Ponte, Casás e A Piringalla) están correctamente sinalizados e unicamente en tres deles (Casás, A Ponte e Gándaras) teñen rebaixes na beirarrúa para facilitar o acceso".

Foto
 
 

Pena Murias explica como en cada consello escolar o equipo directivo ten que elaborar un plan de urxencia e evacuación. En caso de incendio "de que serve este plan se non poden entrar os bombeiros ao interior porque hai un obstáculo na entrada?".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo