-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica novamente malas prácticas na execución do orzamento municipal

 
 
09/01/2009
economia
     
 
  • Na xunta de compras os socialistas volveron presentar facturas atrasadas sen proposta de gasto por case 100.000 euros.
  • O Grupo Municipal Popular insiste en que se clarifique o caos na xestión do punto limpo.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular mostra a súa preocupación pola acumulación de facturas sen proposta de gasto que corresponden ao exercicio de 2008. O seu valor ascende 96.580,35 euros. Entre elas figuran seis facturas por aluguer dun local en Trapero Pardo que se usa como centro de lecer para maiores. "Os populares recordan que este tipo de gastos só deberían ir a xunta de compras de forma excepcional xa que a contratación debería facerse por outra vía".
 
 

Tal e como se denunciou noutras ocasións por parte do Grupo Municipal Popular, o equipo de Orozco volveu pasar por xunta compras unha nova factura de case 21.000 euros correspondente á xestión do punto limpo durante o mes de novembro.

Foto
 
 

"Parécenos inaceptable que non se nos aclaren as razóns polas que unha empresa faise cargo da xestión do punto limpo sen que se redacte un prego de condicións con libre competencia doutras empresas, o que podería abaratar o custo".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo