-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

Lugo pecha o 2008 con 2.202 parados máis e o INEM rexistra o maior paro da Historia en España

 
 
08/01/2009
grupo municipal
     
 
  • O deputado popular, Joaquín García Díez, cualifica de previsible leste "dramático balance" froito da incapacidade de Zapatero de ofrecer solucións á crise.
 
barra
           
 

O deputado nacional do PP de Lugo e portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, cualificou de "moi preocupantes" os datos oficiais do paro coñecidos hoxe. A xuízo do congresista lucense as cifras revelan a incapacidade do goberno de Zapatero de ofrecer solucións á crise: "Aquí mesmo, en Lugo, xa son palpables as consecuencias dos erros do PSOE; fai uns días asistiamos ao peche dun concesionario de automóbiles no CEAO, tamén estes días saltaba a noticia dunha posible redución de postos da factoría de Alcoa".

"Hoxe é un día funesto para o país, xa que se acaba de rexistrar o peor dato da historia do paro con 3.128.963 persoas rexistradas nas listas do INEM".

 
 

Para o deputado popular e portavoz do Grupo Municipal Popular é tráxico que Lugo acabe o ano con 2.202 parados máis que en 2007 e cunha caída, na media de 2008, dun 2,3% do número de afiliados á seguridade social.

García Díez puxo de manifesto que "víase vir a destrución de postos de traballo" deixando entrever a preocupación pola garantía do futuro das pensións.

Foto
 
 

O popular pregúntase en que quedou a promesa de o pleno emprego que fixo o PSOE "atopámonos cunha realidade ben distinta en España: cun millón de parados máis que cando empezou o ano".

O Partido Popular presentou numerosas iniciativas en materia de emprego que, sistematicamente, foron rexeitadas polo PSOE.

  
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo