| |
O Grupo Municipal Popular afirma que o sistema 902 complica a obtención de receitas nos Centros de Saúde de Lugo
|
|
| |
03/01/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O novo sistema atrasa ata 10 días a cita previa co médico de cabeceira.
-
O Grupo Municipal Popular reitera que este sistema non funciona e que o único que fai é complicar a vida aos cidadáns sen que se vexa ningunha vantaxe a cambio.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide ao equipo de Orozco que faga as xestións oportunas coa súa "goberno amigo" da Xunta para que se resolvan os problemas de asistencias que teñen moitos lucenses.
O 29 de decembro varios usuarios do centro de saúde da praza do Ferrol protestaron porque se lles daba cita para recibir unhas receitas para despois do día sete de xaneiro. "Esperar 10 días para contar cunhas receitas é surrealista". Foi o que lle pasou a un veciño de Tirimol, que chamou desde a súa casa ao 902 que agora é obrigatorio, onde lle notificaron que ata o 2009 non podería coller as receitas. Achegouse ata o centro en persoa para pedir que lle adiantasen as prescricións e, a pesar de falar co inspector médico e co coordinador non conseguiu adiantar a data. Ao final pagou a totalidade dos medicamentos.
|
|
| |
Tras consultar a profesionais do centro afectado infórmase que o novo sistema de cita previa do 902 complicou a organización das consultas. A central de Santiago está enviando aos enfermos crónicos, que habitualmente se citaban a través de enfermería, ás consultas dos médicos de familia. |
|
|
| |
Outro problema deste sistema é que desde Santiago descoñecen a carteleira de prolongación de xornada, provocando problemas de saturación nas consultas.
O Grupo Municipal Popular xa advertiu das consecuencias de afastar dos cidadáns a cita previa. De feito levou ao pleno de novembro unha proposición para pedir que se revisase este sistema, e vaticinouse que se complicaría a atención dos veciños de Lugo tal e como está sucedendo.
|
|