Os populares lamentan a ineficacia do goberno de Orozco á hora de salvagardar o patrimonio histórico da cidade e recorda que o selado da fiestra arqueolóxica vinculouse aos actos vandálicos.
Doutor Castro.-
En canto á fiestra de Doutor Castro, situada nun comercio privado, só se pode ver en horario laboral (está dentro do recinto da tenda, protexido por unha reixa) e encima o cristal está totalmente empañado pola condensación. En canto aos propios restos, están cubertos de verdín e ata hai helechos e outras plantas que fan evidente a falta de coidados destes restos.