-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular critica o desinterese de Orozco na recollida de aceites domésticos
 
 
28/12/2008
medioambiente
 
  • Os populares presentaron, fai un ano, unha iniciativa sen que ata o de agora o Concello fose capaz de solucionar o a recollida destes residuos tan contaminantes para a auga.
 
barra
           
       
 

O Grupo Municpal Popular lamenta a nula iniciativa do equipo de Orozco no que se refire á recollida de aceites domésticos. A concelleira Teresa Taboada volve, por enésima vez, a reclamar que o Concello facilite o depósito destes residuos para evitar que se vertan polo fregadero e acaben na rede de sumidoiros, xa que hai que recordar que se trata dun produto altamente contaminante para a auga.

"O Concello debería avergonzarse porque mentres segue estudando a forma de dar este servizo un colectivo acaba de lanzar unha campaña a modo experimental en Lugo". A edila popular refírese á recollida realizada, neste mes de decembro, pola Asociación Ambiental Comarca de Lugo: "Calquera iniciativa deste tipo conta con todo o noso apoio pero é a Concellaría de Liño González Dopeso a que ten que resolver esta carencia dos lucenses".

 
       
 

Teresa Taboada recordou que foi por mor dun rogo que presentou o seu grupo en febreiro de 2008 cando o goberno comprometeuse a facer a recollida de aceites domésticos. "Como é xa é habitual, Orozco e os seus incumpren a palabra dada".

Foto

 
       
 

Para a concelleira popular é prioritario que desde o Concello foméntese a reciclaxe dos aceites domésticos. Taboada resaltou a importancia deste asunto. "O feito de que non se recollan estes aceites dun xeito selectivo supón a vertedura á rede dunha media de 18 litros anuais por familia de catro persoas".

Aínda que tarde, benvida sexa.-

a edila popular tamén se alegrou de que, por fin, o Concello decidise levar a cabo unha campaña informativa exhaustiva sobre horarios de recollida de colectores de lixo, facilmente substituíble, do casco histórico. Teresa Taboada: "tardaron tres meses en darse conta da desinformación que existía. O Partido Popular xa lles advertiu desde o primeiro momento dos problemas e a descoordinación que hai. Esperemos que a campaña, aínda que tardía, sexa efectiva".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo