-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
As queixas polos prexuízos ocasionados polo corte de auga de Novembro e os problemas de subministración na Louzaneta centraron os asuntos da Comisión de Suxestións
 
 
27/12/2008
empleoyssgg
 
  • A súa presidenta, a popular Cristina Ares, espera que en 2009 sexan máis os lucenses que utilicen esta vía para trasladar as súas peticións.
  • O Concello ten o deber de contestar en tres meses ás reclamacións e suxestións que se presenten.
 
barra
           
       
 

A Comisión de Suxestións e Reclamacións que preside a popular Cristina Ares celebrou a súa reunión mensual. En carteira cinco queixas e unha proposta.

A suxestión ten que ver coa instalación de cámaras de vixilancia en zonas conflitivas da cidade, onde nas noites de movida rexístranse actos vandálicos (caso da Tinería). O Concello contesta que xa se está tramitando a colocación destes dispositivos de vixilancia en distintos puntos da cidade.

 
       
 

Cortes de subministración.-

Na comisión deste último mes tamén se presentaron varias reclamacións. Destacan tres dirixidas ao servizo de enxeñería que teñen que ver cos problemas de subministración de auga. En concreto figura unha queixa relativa á deficiente información facilitada polo Concello sobre o corte fornezo de auga rexistrado o pasado 27 de novembro. Trátase dos responsables dunha gardería, que afirman que desde o Concello indicóuselles telefonicamente que non lles afectaría o corte e ao final estiveron sen subministración "cos consecuentes trastornos e gastos xa que tiveron que comprar auga envasada para limpar aos nenos".

Foto

 
       
 

Desde a Louzaneta chegan tamén queixas ao Concello polos continuos cortes de subministración de auga como consecuencia da rotura de tubaxes da estrada vella de Santiago.

Outra reclamación ten que ver cunha sanción que se lle aplicou a un veciño "por condutor ausente en cálea Amor Meilán". O afectado explica que pediu permiso para realizar traballos de carga e descarga e protesta por esta sanción.

No informe da comisión de suxestións figuran dúas reclamacións máis: unha para que se retiren os restos de obra en Avenida Infanta Elena e rotonda do Ceao e outra polo atraso excesivo na entrega de copias de planos.

A presidenta da comisión, a popular Cristina Ares, puntualizou que se resolveron as 9 reclamacións pendentes de Cultura, Réxime interior e Urbanismo pedindo para próxima reunión a comparecencia de funcionarios dos servizos afectados.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo