-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
Caos en Lugo por mor da imprevisión do Goberno Local ante a onda de frío
 
 
23/12/2008
interior
 
  • Enrique Rozas: "Se baixásemos a -7 non se que pasaría, porque os medios e efectivos son claramente insuficientes".
  • O xeo causou caidas, contusións e fracturas, e o Goberno Local non tomou medidas para reforzar os servizos en previsión dos probables accidentes.
 
barra
           
       
 

De "caos e vergoñosa" cualificou o concelleiro popular Enrique Rozas a situación vivida en Lugo nos últimos días. A baixada dos termómetros a -3 graos centígrados, unida a unha obvia falta de previsión por parte do Goberno Local, provocou unha avalancha de accidentes, contusións, fracturas e caidas que non puideron ser debidamente atendidas ao haber unha "clara falta de efectivos e medios".

 
       
 

"A Policía Local recibiu onte pola mañá ata 14 chamadas para alertar de caídas polo xeo en diferentes puntos da cidade". Con todo, á primeira hora da mañá, a máis conflitiva por ser cando a xeada é máis intensa, só había 2 municipais.

Foto

 
       
 

"Nin atestdos nin patrullas. De feito a Garda Civil tivo que levantar ateigado dun sinistro".

Por outra banda, Rozas tamén incidiu en que é grave que a Policía Local non teña ningún tipo de control sobre os protocolos de actuación ante as inclemencias extremas, xa que a competencia neste campo é de URBASER e Protección Civil, segundo de que zona de Lugo trátese.

"Os medios e efectivos son claramente insuficientes, e a responsabilidade é do concelleiro da área e do Alcalde".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo