| |
Novas carreiras ilegais de coches na Piringalla pon ao barrio en alerta |
|
| |
21/12/2008 |
|
|
| |
-
Enrique Rozas: "Seguimos coas carreiras ilegais de coches, e esperamos que o Concello tome medidas antes de que teñamos que lamentar algunha desgraza".
-
Os veciños da zona denunciaron repetidamente estas carreiras e ata facilitaron as matrículas dos vehículos á Policía.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Os veciños da Piringalla volveron denunciar ao Grupo Municipal Popular, as carreiras ilegais de coches. Ao finalizar o pasado partido do Real Madrid-Barcelona e as rúas estaban cheas de xente que saía de velo nos bares e cafeterías, houbo varias carreiras nas rúas Ángelo Colocci, Manuel María e Fontes.
|
|
| |
|
|
|
| |
Enrique Rozas fíxose eco, unha vez máis, destas denuncias dos veciños, que ata chegaron a facilitar á policía as matrículas dalgúns dos participantes sen que ata o momento sáibase de actuacións salvo a denuncia de dous condutores.
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Lugo necesita maior planificación en canto á súa protección, xa que houbo diversos accidentes nunha noite (dúas deles graves en Rolda Muralla e Garabolos) e tanto a Policía Local como os bombeiros non son capaces de atender todas as incidencias por falta de medios.
|
|