-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular critica que o Concello pague 108.000 euros pola confección da RPT cando ten recursos propios para facer este traballo
 
 
17/12/2008
empleoyssgg
 
  • Enrique Rozas acusa ao equipo de Orozco de malgastar fondos públicos que poderían destinarse a outras necesidades que ten a cidade.
 
barra
           
       
 

Os populares, continuando coa política de denuncia de gastos innecesarios que veñen realizando os membros do Goberno Local, puxeron hoxe o acento no gasto de 108.000 euros que o Concello acaba de aprobar en mesa de contratación, para que unha empresa elabore a Relación de Postos de Traballo do Concello. Este documento é unha listaxe de todos e cada un dos postos de traballo que hai no Concello, especificando a súa forma de provisión (se os cobre un funcionario, un laboral"), a categoría do posto, a que servizo está encomendado" É dicir, que se trata dun documento interno de traballo.

Enrique Rozas criticou que se externalice este traballo cando "o Concello conta con medios tanto materiais como humanos para realizar a RPT". O edil popular pediu que "os preto de 20 millóns das antigas pesetas destínense a outras necesidades da cidade, que as hai".

A empresa adxudicataria da elaboración da Relación de Postos de Traballo e do Plan de Emprego do Concello de Lugo ten como máximo un ano para realizar este encargo.

 
       
 

O Grupo Municipal Popular considera que a RPT "é un documento imprescindible" e que a súa ausencia impide facer unha planificación coherente de persoal, a medio e longo prazo, xerando ineficiencia nos custos e incerteza entre os traballadores.

Foto

 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo