| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia o pago de varias mensualidades de números inexistentes de Foéminas |
|
| |
16/12/2008 |
|
|
| |
-
Confírmase que como mínimo en marzo e Xuño deste ano o equipo de Orozco abonou a tarifa de 928 euros mensuais por un traballo non realizado.
-
Os populares pedirán as facturas este xoves na comisión de benestar social porque temen que aparezan novos pagos de servizos non prestados.
-
Sofía López Linares: "É escandaloso que nos dous últimos anos malgasten case 20.000 euros nesta revista virtual dunha calidade máis que discutible".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Dentro da política de seguimento que o Grupo Municipal Popular fai do malgasto e os gastos do equipo de goberno, os populares acaban de detectar que se pagaron como mínimo preto de 2.000 euros por un servizo que non se chegou a prestar.
A concelleira Sofía López Linares refírese á revista virtual Foeminas, que se edita desde novembro de 2005.
Desde a súa creación, a publicación colgouse na rede mensualmente salvo en setembro de 2006, febreiro e maio de 2007 e marzo, xuño e setembro de 2008. A sorpresa salta cando se comproba que se abonan aos responsables da revista a "tarifa" correspondente de, polo menos, dous deses meses (marzo e xuño de 2008) tal e como se recolle nun informe de tesourería solicitado polos populares.
|
|
| |
|
|
|
| |
Coa idea de aclarar se houbo máis meses nos que se pagou o servizo e non se prestou, como aparentemente sucedeu nestes casos, Sofía López anunciou que pedirá explicacións na próxima comisión permanente de Benestar Social. "Temémonos que eses dous non sexan os únicos meses nos que se pagou esta revista virtual a pesar de non haberse publicado, xa que a maior parte dos pagos non son específicos, non se concreta a que mes corresponde a cantidade".
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Custo excesivo.-
A concelleira popular, Sofía López Linares non comparte que o Concello estea abonando un "soldo encuberto" mensual, por unha revista cuns contidos e unha calidade que deixa bastante que desexar e que encima subiu de 2007 a 2008 de 787,59 € ao mes a 928 € ao mes.
Na análise de Foéminas, Sofía López, detectou que aparecen enlaces que non van a ningún sitio (noticias, apartado de bolsas e estudos, axenda cultural"), noticias que son todas obtidas doutras páxinas web de Internet cun simple "cortar e pegar", un foro en que non se pode participar máis que a través do envío dun correo, case ningunha novidade dun número a outro"
"Todo o contido da páxina, cuxo maior valor son os artigos de Carmen Basadre, informacións de congresos, documentos do propio Concello (plans de igualdade), campañas da casa da muller" podería estar perfectamente na web do Concello, no apartado da Casa da Muller, e sairía gratis aos lucenses".
Gasto social.-
Para López Linares esta situación é grave porque demostra que "o equipo de Orozco considera gasto social calquera gasto que salga do departamento de Basadre, o cal é máis que discutible".
A concelleira popular pregúntase "Cal é o obxectivo desta revista virtual", Que utilidade ten", É adecuado pagar un soldo máis que xeneroso por unha revista dunha calidade moi discutible cando moitos lucenses fan números para chegar a fin de mes""
Para o Grupo Municipal Popular, o diñeiro dos cidadáns gastado nesta revista non está xustificado nin por valíaa da revista nin por dar unha información de interese para os cidadáns.
|
|
|
|